Saltar al contenido →

A Universidade de Vigo desenvolve un novo dobre grao en Enxeñaría Forestal e Belas Artes

Esta nova opción formativa nace con vocación de converterse nunha referencia mundial no mundo do dinoseto.

Pontevedra 11/010/2019 – Co obxectivo de mellorar o atractivo do campus pontevedrés, a Universidade de Vigo traballa nunha proposta innovadora dirixida a aproveitar ao máximo o potencial da oferta univesitaria dispoñible no devandito campus. Dita proposta, segundo fontes xeralmente ben informadas, viraría ao redor da maridaxe de dúas titulacións de recoñecido prestixio e totalmente complementarias: a enxeñaría forestal e as belas artes.

Esta combinación académica, altamente novidosa, estaría destinada a achegar ao mercado laboral un perfil profesional altamente demandado no ámbito da enxeñaría ornamental e o modelado do bosque, como demostra o éxito da fauna vexetal despregada pola cidade olívica até chegar a converterse nunha das súas marcas de identidade máis recoñecidas, ou a popularidade e recoñecemento internacional de profesionais como Eduardo Manstesoiras, Groot, ou Mr. Potato.

Ademais de converterse nos expertos e expertas de referencia no mundo do feng shui, os titulados e tituladas do novo dobre grao en enxeñaría forestal e belas artes disporían dos coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver tarefas relacionadas coa xestión, conservación e explotación dos espazos naturais artísticos; realizar obras de hidrología, reforestación e conservación con moita arte; ou xestionar de maneira artística e imaxinativa a caza e a pesca. Ademais, estes e estas profesionais posuirían a formación axeitada para o aproveitamento da madeira para a realización de retablos, esculturas e outras obras; a realización de propostas artísticas a partir da biomasa; o deseño e acabado de mobiliario; o desenvolvemento de proxectos para a instalación de parques e xardíns; e a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento artísticoforestal.

Publicado en UVigo Today

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *