Tras o inquestionable éxito da máquina de café de Starbucks e das máquinas fotocopiadoras, a institución académica dá o salto ó lecture-vending.
Vigo 17/09/2019 – A Universidade de Vigo ven de asinar un acordo de colaboración coa franquicia internacional de universidades Primary Universities Federated Organisation (PUFO) para desenvolver nos centros docentes dos tres campus un proxecto piloto pioneiro de docencia universitaria. Trátase de instalar un sistema de vending, baseado en máquinas de última xeración, con conectividad 5G e customizado baseado en machine learning e deep data, mediante as cales é posible acceeder á ampla oferta educativa da institución norteamericana.
A presentación deste proxecto innovador, o que asistiron o Reitor da institución viguesa Prof. Reigosa, o Provost da PUFO, Dr. Williams Suckwell, e Oli, a entrañable mascota universitaria, tivo lugar na aula P2 da Facultade de Enxeñaría da Universidade de Vigo. Durante o acto, as persoas asistentes, destacados membros da comunidade universitaria e tamén estudantes e membros do PAS, puideron experimentar de primeira man as bondades do novo sistema. Utilizando a tarxeta universitaria ou simplemente a conta de correo electrónico do dominio uvigo.gal, é posible obter acceso premium a un amplo menú de materias de enxeñaría e arquitectura, artes e humanidades, ciencias sociais e xurídicas, e ciencias das de verdade, soas ou con leite.
Durante o acto de presentación, transimitido polas redes sociais habituais, as persoas asistentes tamén tiveron a oportunidade de gozar das evolucións do robot universitario, que ofreceu unha versión entrañable do éxito intemporal Gangnam Syle do cantante surcoreano PSY, así como do propio Oli, quen declarou estar encantadi da morti co eventi.
Comentarios