Saltar al contenido →

A Xunta de Galicia convertirá todas as titulacións en interuniversitarias

Os resultados da primeira experiencia co Máster de Aeronáutica de Ourense, aclamada con increíble entusiasmo por toda a comunidade universitária nas duas universidades involucradas, son moi prometedores.

Santiago de Compostela 7/02/20120. Despois do excepcionalmente exitoso proceso de creación do Máster en Enxeñaría Aeronáutica, que tantas alegrías proporcionou ás comunidades universitarias do Norte e Sur de Galicia, a Xunta decidiu aplicar o mesmo modelo a todas as titulacións do noso Sistema Universitario.

«Co posgrao en Aeronáutica demostrouse que é perfectamente posible definir unha titulación interuniversitaria de maneira que se imparta nunha soa universidade. Parece maxia, pero a realidade está aí e é incontestable» afirman os reponsables da área universitaria do goberno autonómico. Esta experiencia, que declaró interuniversitaria una titulación que baixo toda lóxica pertenecía ao Campus de Ourense e que impartirase únicamente alí, amosa que é posible a total integración de todas as titulacións de todos os campus galegos sen modificar en ningún caso o campus de adscrición de ningunha titulación. Ademais, envíase unha mensaxe clara á sociedade de que hai unha senda marcada e unha actitude proactiva cara á integración das tres universidades, en liña do que evidentemente dá a impresión que en principio parece que dita o mercado.

Ademais, segundo as autoridades académicas, con esta iniciativa aténdense as demandas de todas aquelas persoas que non desexan a implantación de novas universidades en Galicia por termos xa suficientes, xa que o proceso de conversión por decreto de todas as titulacións públicas en interuniversitarias é inmediato, e polo tanto estará completado cando se poña en marcha a nova universidade. Nese momento, todas as universidades públicas funcionarán como unha soa, que xunto coa nova institución privada farán un total de dúas universidades no canto de tres.

Publicado en UVigo Today

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *