Saltar al contenido →

A Xunta de Galicia retíralles ás universidades un plan para a súa privatización e cesión a un fondo voitre das Bahamas

Ante a utilización da iniciativa para a confrontación que están a facer determinados colectivos con vínculos, polo menos presuntamente, con Venezuela e Irán.

O obxectivo era facilitarlles o proceso aos centros que, de maneira voluntaria, queren potencias a súa competitividade nos mercados internacionais, no marco da aposta por un ensino universitario innovador e de calidade que está a facer a Xunta

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional retíralles ás universidades a proposta de programa totalmente voluntario, aínda que certamente configurado como unha oferta que non ían poder rexeitar, polo seu ben, e sen ánimo de presionar, para a súa privatización e cesión a un fondo voitre da Bahamas, con axuda da institución público-privada Premium Universities Federated Organisation (PUFO). Devandito plan xa lles foi anunciado o pasado 6 de maio aos reitores e ao que deran a súa conformidade, aínda que certamente sen aclarar moito por onde ían ir os tiros, e botándolle toda a culpa ao estado de alarma consecuencia da Covid-19.

A Secretaría Xeral de Universidades adoptou esta decisión ante a utilización para a confrontación que están a facer da iniciativa proposta determinados colectivos filoterroristas con vínculos presuntos co comunismo e o nacionalismo de extrema esquerda, coa que, no marco da aposta por un ensino de calidade, unicamente busca potenciar no Sistema Universitario de Galicia (SUG) a docencia semipresencial (coñecida como blended flipped holistic integrated learning), como xa están a facer diversas universidades de todo o mundo mundial.

Desde a Secretaría Xeral de Universidades laméntase que o alumnado das universidades públicas galegas perda esta oportunidade de dispor dun modelo innovador superincriblemente bo de universidade xa o próximo curso. Deste xeito, as universidades que desexen privatizarse poderán facelo co calendario habitual deste proceso, que finaliza o 1 de agosto de cada ano.

Publicado en Historias UVigo Today

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *