A Xunta de Galicia e as universidades públicas galegas artellan novos enfoques na procura do consenso
Os cambios de denominación na Universidade son complicados no mellor dos casos, xa que poden confundir aos membros da Comunidade Universitaria, ou requirir investimentos importantes en actualización de logotipos, papelería, presenza nas redes sociais, e outras modificacións similares.
Pero a Xunta de Galicia seguramente notará que algunhas das súas propostas de mellora si que terán un impacto importante nas universidades galegas. Tras o rexeitamento mostrado polos Reitores ao recentemente creado Grupo de Traballo para a Renovación dá Docencia Presencial, financiado xenerosamente pola Xunta de Galicia para axudar ás Universidades do SUG a actualizar a súa docencia de maneira que xamais se corra o perigo de desvirtuala no futuro, o goberno autonómico decidiu cambiar a súa imaxe e a súa denominación a Comisión para a Organización das Novas Aulas. Segundo o portavoz da Consellería, «o novo nome é mais dinámico, redondo, amigable, e fácil de lembrar».
As reaccións dos campus galegos son dispares. «Seguramente a Xunta o fixo con boa intención, probablemente esteámolo interpretando mal» apunta o Reitor da Universidade de Vigo referíndose ao novo nome. Mentres tanto, o Reitor da Universidade de Santiago destaca que «a Universidade Compostelá ten a súa propia axenda de adaptación, e tocaremos outros paus antes de facelo coa Comisión para a Organización dás Novas Aulas». Das reaccións do Reitor da UDC non se sabe nada polo momento. Por outra banda, os membros das comunidades universitarias das tres institucións educativas galegas opinan en xeral que xa está ben de tocar a Comisión.
Comentarios