Saltar al contenido →

A Universidade de Vigo vende o seu campus de Lagoas Marcosende a unha coñecida multinacional do descanso

  • Mudará as súas actividades académicas a unha rede de pisos francos no centro da cidade de Vigo. Con elo intenta facer a súa oferta máis atractiva.
  • «Quedamos descansados» afirmou o Reitor, tras comunicar a idea.

Vigo, 12/03/2021 – A Universidade de Vigo acaba de pechar un acordo con Futons United Company para cederlle as súas infraestruturas en Lagoas Marcosende polo simbólico prezo de un euro. Con iso, FUC consegue unhas instalacións inmellorables e ben comunicadas para a súa central de operacións no sur de Europa, a xuízo do seu conselleiro delegado Phil Mypockets. Como contrapartida, Mr. Mypockets convenceu ao Reitor da institución académica do sur de Galicia de que farían todo o posible para asegurar unha rede de pisos turísticos soleados e ben comunicados para impartir o seu catálogo universitario.

Ademais, a Universidade de Vigo disporá do edificio na rúa López Mora que outra universidade privada descartou para desenvolver a súa propia oferta formativa. Segundo o Magnífico vigués, «Con iso imos darlle ao futuro estudante universitario o que realmente demanda: non ter que coller tantas veces o autobús para estudar unha carreira que definirá o seu futuro profesional».

Publicado en Educación UVigo Today

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *