Saltar al contenido →

A Universidade de Vigo levará a Peniche as titulacións con menos demanda

Isto permitirá converter o monte de Marcosende nun campus tecnolóxico empresarial premium tope de gama.

Vigo 30 de abril de 2021. A comunidade universitaria está a debater o plan do Reitor de levar á zona viguesa de Travesas aquelas titulacións con maiores problemas de captación de estudantes. Esto facilitará a identificación das carreiras deficitarias por parte das familias á hora de seleccionar estudos universitarios, e proporcionará opcións convenientes á poboación do Oeste de Vigo cuxa prioridade sexa poder ir andando á Universidade. «O futuro alumnado moitas veces pregúntase sobre cales son as titulacións menos populares. Desta maneira, poderanse identificar de xeito inmediato sobre un mapa da cidade», afirmou o novo Comisionado de Sentimentos e Estratexias Universitarias. «Arriba non se vai desmantelar», insistiu. «Agora si, teremos a oportunidade de darlle un novo pulo a ese erial paramétrico».

Para convencer á comunidade universitaria da bondade do plan, e para erradicar a propagación de bulos malintencionados sobre os verdadeiros obxectivos desta iniciativa, a Universidade realizará unha enquisa dirixida principalmente ao antigo, presente e futuro alumnado da Universidade. Esta enquisa incluirá preguntas fundamentais sobre a percepción da mellora da experiencia universitaria nunha contorna urbana, e permitirá aos participantes gañar importantes premios. «Con esta poderosísima ferramenta conseguiremos datos subxectivos que eliminen calquera dúbida sobre a necesidade e oportunidade da operación», afirmou o Comisionado nun comunicado. «Que sentido ten encargar informes técnicos cando podemos coñecer os sentimentos?»

Publicado en Educación UVigo Today

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *