Saltar al contenido →

A Universidade de Vigo esixe un papel protagonista na Cimeira do Clima

A institución académica apagou as pantallas led dos computadores do animalario durante 35 minutos o pasado xoves.

«Se a cidade Top parcicipa na COP25, a nosa Universidade Top debe participar tamén».

Vigo, 8/12/2019. Durante estes dias sucédese a presenza de personalidades relevantes na edición número 25 da Cimeira do Clima. Este evento, que se celebra no Recinto Feiral de Madrid entre o 2 e o 13 de decembro, ten como obxectivo tratar a crise climática e buscar solucións para atallar a súa ameaza.

A COP25 acolle reunións, obradoiros e conferencias con intervencións de personalidades relevantes en representación dunha multitude de entidades e organismos. Entre todos eles, destaca a presenza do alcalde de Vigo, quen en representación de todos os municipios e provincias de España trasladará o exemplo para as vindeiras xeneracións da cidade olívico-universitaria, e o seu apoio incondicional á ecoloxía e o medio ambiente.

Neste contexto, as autoridades da institución universitaria viguesa decidiron reclamar o seu papel na devandita cimeira, e así ter a oportunidade de falar en nome de todas as universidades do estado Español sobre o papel da educación superior como muro de contención do cambio climático. «O alcalde da nosa cidade, con máis de 9 millóns de luces led este nadal, cunha nora top de sesenta metros de altura chupando corrente coma se non houbese mañá, con 50 canóns de neve cuspindo xeo cunha teperatura ambiente por enriba dos 10 graos, saturada de autocares, e con atascos de vehículos a motor durante todo o día, vai sentar cátedra sobre cambio climático. A Universidade de Vigo, que ten todos os catedráticos e catedráticas en activo na zona de cobertura lumínica da cidade, Ourense incluído, non pode ser menos», reclamou o goberno universitario nunha rolda de prensa improvisada celebrada ao pé da nora das Avenidas, mentres os seus membros facían cola para montar nela.

Publicado en UVigo Today

Comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *